TURISMO

Turismo de Santiago reúnese con 25 dos principais organizadores de eventos corporativos españois

08/06/2022 O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para a promoción de Santiago como destino de Congresos, participa entre o 6 de 8 de xuño na edición española do Iberian Mice Forum, evento que reúne en Xixón a máis de 100 destacados profesionais do sector da organización de eventos corporativos en España.

O Iberian Mice Forum é unha das citas esenciais do sector de Reunións e Eventos do país. Neste encontro reúnense os principais representantes tanto da oferta como da demanda deste segmento de mercado adicado á organización de eventos corporativos.

A participación do SCCB neste encontro enmárcase na estratexia de Turismo de Santiago de continuar co posicionamento de Compostela como un destino ideal para que empresas e entidades organicen os seus eventos na cidade, xa que se trata dun nicho de mercado que aporta un alto valor engadido polo elevado gasto medio dos participantes neste tipo de eventos e fomenta a desestacionalización.

Nesta edición participan 60 das axencias e na organización de eventos corporativos máis relevantes de España, polo que é unha gran oportunidade para amosar as posibilidades de Santiago como destino para este tipo de eventos. En concreto, o SCCB reunirase con 25 destas axencias, que amosaron previamente o seu interese na cidade.

Compartir: