COMERCIO
Ademais, Xosé Sánchez Bugallo anunciou o pasado luns a proposta da Alcaldía de reparto do remanente de tesourería, do que unha parte importante se destinaría a axudas, nas se encadrarían os bonos corazón cunha partida de 1.350.000 euros, máis do dobre que o ano pasado. O alcalde tamén avanzou que unha convocatoria sairá á luz agora en xuño para a praza de Abastos e unha segunda, en setembro.
Bonos Corazón Concheiros
O pasado 11 de marzo, o Concello de Santiago lanzou campaña dos Bonos Corazón Concheiros cun investimento de 75.000 euros, articulado en tres modalidades de bono: de 75 euros, de 50 e de 30 euros. Esta iniciativa permite á clientela dos comercios e os locais de restauración da zona de Concheiros-San Pedro, beneficiarse de descontos xa que todos os bonos están cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante.
O periodo de validez dos bonos rematará o próximo 31 de maio.
Axudas ao comercio compostelán
En decembro de 2020 lanzouse a primeira convocatoria de axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise da Covid-19, cunha dotación de 600.000 euros coa que se puideron atender 216 solicitudes das 526 presentadas. En maio de 2021 lanzouse unha segunda convocatoria de rescate, cun orzamento de 1.904.000 euros.
Contemplouse, así mesmo un ambicioso programa de bonos de aparcadoiro coma ferramenta para o fomento das compras no 2020, cun orzamento de 95.908,56 euros, e outro en 2021, cunha dotación de 100.000 euros.
No ano 2021 lanzouse por primeira vez, no Concello de Santiago o programa de Bonos Corazón Compostela, dirixido a comercio e hostalería de todo o municipio, cun orzamento de 600.000 euros. Neste programa participaron 15.304 usuarios, descargáronse 21.489 bonos e realizáronse compras por valor de 1.484.513,57 euros nos establecementos adheridos ao programa.
Seguindo esta mesma liña de fomento do consumo e reactivación económica, o pasado 11 de marzo lanzáronse os Bonos Corazón Concheiros, destinados aos establecementos comerciais e de restauración localizados no ámbito da rúa Concheiros.
Os Bonos Corazón Concheiros xeraron un ingreso de máis de 200.000 euros nos establecementos da zona
20/05/2022 A poucos días de finalizar o prazo para facer uso dos Bonos Corazón Concheros, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou esta mañá en rolda de prensa que o importe total de gasto propiciado por esta campaña vén de acadar os 200.063 euros, dos que 153.423 euros foron consumidos en establecementos comerciais, e 46.340 euros, nos locais de hostalaría. Prevese o lanzamento de dúas novas convocatorias dos Bonos Corazón en xuño e setembro deste ano, a primeira delas centrada na Praza de Abastos.
A campaña lanzada polo Concello de Santiago para impulsar o comercio e a hostalería do barrio de San Pedro-Concheiros sáldase desta maneira cuns "datos magníficos", segundo cualificou o rexedor, que se amosou moi satisfeito pola "notable contribución desta iniciativa á dinamización comercial desta zona", cuns resultados "mesmo máis favorables do que esperabamos".Ademais, Xosé Sánchez Bugallo anunciou o pasado luns a proposta da Alcaldía de reparto do remanente de tesourería, do que unha parte importante se destinaría a axudas, nas se encadrarían os bonos corazón cunha partida de 1.350.000 euros, máis do dobre que o ano pasado. O alcalde tamén avanzou que unha convocatoria sairá á luz agora en xuño para a praza de Abastos e unha segunda, en setembro.