FESTAS
O próximo sábado 28 de maio, os nosos maiores poderán xuntarse de novo no Recinto Ferial de Amio para desfrutar xuntos dun xantar, con sobremesa amenizada pola orquestra Fussión e José Manuel Punzano, a un prezo adaptado a todos os petos de 7,50 euros.
As entradas están dispoñibles no despacho de billetes do Teatro Principal. Para facilitar o acceso, o Concello habilitará un servizo de buses desde a praza de Galicia ata o Recinto Ferial de Amio en horario de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 h a 19:00 h.
Ascensión 2022
As Festas da Ascensión celebraranse desde o mércores 25 ata o domingo 29, con concertos, orquestras, monicreques, e en xeral unha gran variedade de actividades para todos as idades e todos os gustos. Ademais, tras dous anos de parón, este ano recuperarase, ademais da Festa dos Maiores, a tradicional Feira Cabalar durante a xornada do xoves 26.
Volve a Festa dos Maiores o vindeiro 28 de maio
20/05/2022 Tras dous anos de parón por mor da pandemia, o Recinto Ferial de Amio acollerá de novo a Festa dos Maiores o vindeiro sábado 28 de maio, dentro do programa das festas da Ascensión. Recupérase así un evento con gran tradición na cidade, e que permitirá á terceira idade compostelá desfrutar de novo dun xantar colectivo, seguido de actuacións musicais e bailes. As entradas, que teñen un custo de 7,50 euros, poden mercarse no Teatro Principal ata o 27 e maio.
Despois dun 2020 sen Ascensión e dunha edición reducida no 2021 por mor da pandemia, volven as festas compostelás por excelencia, que retoman tamén unha das súas citas máis populares, a Festa dos Maiores, na que será a súa 23 edición.O próximo sábado 28 de maio, os nosos maiores poderán xuntarse de novo no Recinto Ferial de Amio para desfrutar xuntos dun xantar, con sobremesa amenizada pola orquestra Fussión e José Manuel Punzano, a un prezo adaptado a todos os petos de 7,50 euros.