XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local adxudica dúas novas obras na zona rural

04/04/2022 A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación de dúas novas obras na zona rural, por un importe de 641.846 euros. Tamén se adxudicaron 13 solicitudes de renovación da autorización de venda ambulante do mercado de Salgueiriños para 2022, que se suman ás 27 aprobadas a semana pasada.

O executivo municipal acordou adxudicar as obras de "Acondicionamento e mellora dos pavimentos no núcleo de Pardiñas (Laraño) POS+2021" á empresa Obras y Viales de Galicia, S.L. por un importe de 436.200 euros; e a execución do proxecto "Ampliación paso superior da Ruta da Prata sobre FF.CC. na cañoteira-Outeiro de Marroxos" (POS+2017)" a Estructuras técnicas y Servicios de Rehabilitación SL, por un total de 205.646 euros.

Estas dúas obras, do departamento de Medio Rural que dirixe José Manuel Pichel, súmanse ás catro adxudicadas na Xunta de Goberno do pasado luns, 28 de marzo, por un importe total de 644.749,41 euros, IVE incluido. Estas seis actuacións suman 1.286.595 euros. Todas elas están enmarcadas no POS + (Plan de Obras e Servizos. Plan único de Concellos) da Deputación da Coruña.

Outros acordos
Na reunión do executivo municipal tamén se aprobou a apertura do procedemento de adxudicación para a "Concesión de uso privativo de dominio público municipal para a colocación de colectores de roupa e calzado a usados e outros téxtiles no municipio de Santiago de Compostela. Reservado a centros especiais de emprego e empresas de inserción social D.A. 4ª LCSP". O tipo de licitación, en forma de canon a abonar e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto, establecéndose un tipo mínimo de licitación en forma de canon a abonar a este Concello de 2.400 euros.

A maiores tamén se autorizou o préstamo temporal a favor da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Afundación, das seguintes obras e pezas das que é titular o Concello de Santiago de Compostela:

-Diploma en papel enmarcado "Premio do Consello de Europa". Ano 1985.
-Escultura Virxe do Camiño. Anónimo. Século XIII.
-Cadeiras de rexedores de Santiago. Domingo de Andrade. Ano 1690.
-Caixa de caudais. Anónimo. Século XVIII.
-Acuarela "Vista de Santiago". Ramón Gil Rey. Ano 1837.
-Óleo "A romaría". Juan Luis López, "Juan Luis". Ano 1914.

Os bens cedidos unicamente se poderán destinar á súa exhibición no proxecto expositivo "Cidades no tempo. Memoria, historia e urbanismo nas cidades galegas". A Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Afundación garantirán a adecuada conservación dos bens cedidos e responderá da súa seguridade e vixilancia.

Documentos relacionados



Compartir: