IGUALDADE
A violencia vicaria é aquela que se exerce sobre a muller co fin de causarlle o máximo dano psicolóxico e padecemento a través de terceiras persoas, chegando ao seu grao máis elevado de crueldade co asasinato desas personas (fillos e fillas, nai, pai, parella actual...).
A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres e menores asasinados.
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia vicaria
04/04/2022 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polo neno asasinado onte en Sueca (Valencia), vítima de violencia vicaria.
Membros da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo do menor asasinado. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.A violencia vicaria é aquela que se exerce sobre a muller co fin de causarlle o máximo dano psicolóxico e padecemento a través de terceiras persoas, chegando ao seu grao máis elevado de crueldade co asasinato desas personas (fillos e fillas, nai, pai, parella actual...).