ALCALDÍA

O Pazo de Raxoi ilumínase coas cores da bandeira ucraína

25/02/2022 A fachada do Pazo de Raxoi, iluminarase coas cores amarela e azul da bandeira ucraína na noite de hoxe, venres, na do sábado e na do domingo.

Con este acto, o Concello de Santiago quere amosar a súa soliedariedade coa poboacion de ucraína, que está sofrer a agresión bélica do exército ruso.

Hoxe mesmo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, condenaba a invasión de Ucraína por parte de Rusia e sinalaba que "todos nós desexamos solucións pacíficas e que os problemas se resolvan respectando os dereitos humanos e o dereito internacional". Pero, aclara, neste conflicto hai agresores e agredidos, e neste caso, "a nosa solidariedade debe estar co pobo de Ucraína".

E onte, o pleno do Concello de Santiago aprobou por unanimidade unha moción de urxencia de condena a agresión na que os catro grupos municipais que conforman a Corporación amosaban a "total solidaridade co pobo ucraíno. Tamén pedían un inmediato alto o fogo, a retirada das tropas rusas ao seu territorio; e o respecto ao dereito internacional, aos dereitos humanos e aos Acordos de Minsk, así como traballar pola resolución ao conflicto no marco da ONU e da OSCE. Solicitaban, ademais, o retorno á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas a acadar acordos de paz duradeiros.

Compartir: