XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba o procedemento para seleccionar á entidade que xestionará os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro

08/02/2022 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, áprobou a convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección da entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da contorna da rúa dos Concheiros, a través dos Bonos Corazón Concheiros-San Pedro. Estes bonos contan cun orzamento de 75.000 euros, e a previsión é que estean operativos a partir do 26 de febreiro, coincidindo co Entroido. A súa validez sería de 3 meses.

Tamén deu luz verde ao gasto do procedemento, que ascende a 13.572,87 euros; a aprobou o texto do convenio entre o Concello de Santiago e a entidade colaboradora seleccionada. Esta entidade terá unha serie de obrigas, entre as que destacan entregar e distribuír as axudas do programa mediante a habilitación dunha plataforma tecnolóxica específica e das aplicacións informáticas máis adecuadas para a posta en marcha, a eficaz execución e o seguimento do mesmo; utilizar a imaxe do programa definida polo Concello de Santiago en todos os soportes físicos e dixitais; pór a disposición do Concello de Santiago os informes e datos de usuarios dados de alta, establecementos inscritos, número de bonos descargados, etc. Tamén será a depositaria dos fondos transferidos, e a entrega e distribución dos mesmos entre os establecementos adheridos ao programa.
Poderán ser entidades colaboradoras as entidades financeiras privadas con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, validamente constituídas, que teñan oficinas comerciais abertas no Concello de Santiago; e que actúen como entidade colaboradora na recadación de impostos ou demais ingresos públicos municipais do Concello de Santiago.

O prazo máximo de presentación das solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.

O programa de Bonos Corazón San Pedro está destinado aos negocios de comercio e hostalería tanto do barrio de San Pedro, como da zona de Concheiros, afectados polas obras de reurbanización. Terían como obxectivo reactivar o consumo e permitirían facilitar compras por valor de 187.500 euros. O concello subvencionaría o 40% desas compras, e emitiría aproximadamente, entre 2.500 e 3.000 bonos.

Compartir: