POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase ao Día mundial da loita contra a SIDA cunha campaña centrada na xuventude que incide na necesidade de facerse a proba de detección para frear a enfermidade

01/12/2021 Nos últimos anos, o Concello de Santiago, visibilizaba a efeméride nas rúas, a través de asociacións sensibles a esa temática. Neste 2021, cambia o foco e pon a atención na xente moza cunha campaña que volve aos centros educativos cunha mensaxe, concisa e clara: o diagnóstico e o tratamento precoz vencen o VIH, fai a proba", conscientes de que ese e o mellor camiño para poñer fin á pandemia.

Con motivo do Día Mundial de loita contra a SIDA, a Umad inicia unha campaña dirixida, nesta ocasión a informar a mocidade, que pasana maior parte do seu tempo nos centros educativos e inician as relacións interpersoais cos seus iguais a miúdo sen ter información acerca de hábitos de prácticas saudables.

Neste caso a campaña pon o foco na importancia de facer a proba de detección do virus e divulga os puntos onde poden realizarse. Con este obxectivo, repartirase a información entre a mocidade universitaria a través de 9.000 carpetas de fotocopias que se entregarán nos locales de reprografía das distintas facultades de Santiago.

Así mesmo, ao longo desta semana dous monitores trasladáronse aos centros educativos públicos de secundaria e bacherelatos de Santiago para interactuar co alumnado nos recreos, recordarlles a efeméride e repartir 3000 folletos con información básica da SIDA, 3000 preservativos e 3000 lazos de cor vermella.

Compartir: