ALCALDÍA
Procedemento para a solicitude
Quen queira solicitar o servizo, activo a partir do luns 18 de outubro, só ten que cumprimentar o impreso que se achega ao final desta información en nome da persoa propietaria ou da comunidade do edificio e envialo á dirección de correo electrónico limpezapintadas@santiagodecompostela.gal. Os empregados municipais procederán a inspeccionar o inmoble e posteriormente procederase á limpeza ou ao repintado cando as tintas ou producos químicos utilizados sexan difíciles de eliminar. O Concello tamén pon a disposición un teléfono móbil para calquera dúbida ou consulta: 618 509 278.
Con esta actuación sobre elementos privados, de carácter experimental, o Concello de Santiago pretende probar fórmulas alternativas á subvención directa para axudar as persoas propietaras de vivendas do casco histórico a limpar os edificios de pintadas e graffiti, coa finalidade, como indicou o responsable de Emprego, Xavier Ferreiro, "de loitar contra as pintadas vandálicas e conseguir que as persoas que realizan graffiti non continúen con esa práctica incívica".
Na actualidade, o Concello ten identificados nos edificios do casco histórico máis de 275 graffiti realizados en portas, portalóns, entradas de garaxes e ventás. "Animamos a cidadanía a que colabore para que a capital luza como o que é, unha cidade rebosante de patrimonio e atractiva para os seus veciños e visitantes", sinalou Ferreiro. O alcalde engadiu que, dado o tamaño do equipo, este servizo, que estará activo ata o mes de marzo, non pode abranguer toda a cidade, polo que se circunscribe á zona histórica.
O servizo forma parte dun proxecto de inserción laboral subvencionado íntegramente pola Xunta de Galicia con 80.000 euros.
O Concello ofrece á cidadanía un servizo gratuíto de limpeza de pintadas nos elementos de carpintería dos edificios da cidade histórica
15/10/2021 Co obxecto de combater o feísmo das pintadas e graffiti en portas, portalóns, fiestras e demais elementos de carpintería dos edificios da cidade histórica, o Concello de Santiago pon a disposición da veciñanza un servizo gratuíto de limpeza creado no marco dun proxecto de inserción laboral que presentaron esta mañá en rolda de prensa o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e o responsable do departamento de Emprego, Xavier Ferreiro. Estará en funcionamento dende o luns 18 de outubro ata o vindeiro mes de marzo.
O Concello, a través dun equipo integrado por cinco persoas, prestará axuda a aqueles propietarios ou comunidades de propietarios que queiran proceder á limpeza de pintadas e graffiti nos elementos de carpintería dos inmobles situados na cidade vella co obxectivo de eliminar o feísmo e de concienciar sobre a necesidade de manter coidada e limpa a cidade. "Actuaremos en dúas dirección, indicou o rexedor, desde disciplina urbanística para requirir que se faga a limpeza, e ofrecendo este servizo público gratuíto, que funcionará a demanda".Procedemento para a solicitude