MOBILIDADE

Modificación dos aforos máximos permitidos nas prazas de pé no transporte urbano, que se establecen no 75%

08/10/2021 A partir das 00.00 h. de mañá sábado, día 9 de outubro de 2021, establécese, como límite de ocupación máxima nos autobuses urbanos, o 75% das prazas de pé. Así o recolle a Orde do 7 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta orde, publicada hoxe no DOG, sinala textualmente: "Nos vehículos e nas embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establécese como límite de ocupación máxima o setenta e cinco por cento (75%) das prazas de pé.

A semana pasada, outra orde autorizaba a ocupación da totalidade dos asentos, mantendo, iso si, a separación máxima cando o nivel de ocupación o permita.
En canto ao uso de máscar, sigue sendo obrigatorio no transporte público. Ademais, non se poderán consumir alimentos no interior dos vehículos e deberase, na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do devandito vehículo.

Direcciones relacionadas



Compartir: