XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local adxudica dous novos contratos de obras por case 700.000 euros

08/10/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, adxudicou dous novos contratos de obras por un importe total de 695.106,99 euros. Un corresponde aos traballos de rehabilitación do firme na vía Édison; e o outro son actuacións de rexeneración asfáltica en distintos puntos da cidade.

O contrato "Execución das obras de rehabilitación do firme na vía de Edison", adxudicouse á Asfalgal Técnicas Viarias S.L., por un importe total de 88.547,99 euros, IVE incluído, ao ser a súa oferta a máis vantaxosa das presentadas.

O proxecto "Execución das obras do proxecto de rexeneración asfáltica en varios puntos da cidade de Santiago de Compostela", dividiuse en dous lotes. O primeiro, foi adxudicado á empresa Francisco Gómez y Cía, S.L, por un importe de 299.109 euros, IVE incluído. E o lote dous, a Galsur Proxectos y Obras SLU, por importe de 307.450 euros, IVE incluído.

Compartir: