ALCALDÍA

O concello de Santiago amosa o seu pesar polo falecemento de Valeriano Martínez

06/10/2021 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os membros da Corporación Municipal, amosan o seu máis sentido pésame polo falecemento de Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia.

Valeriano Martínez García naceu en Aldán (Cangas) en 1961. Llicenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración, era funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda desde 1985. Ata o seu nomeamento como conselleiro de Facenda, en febreiro de 2015, exercera como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia. Anteriormente, entre outras responsabilidades, fora director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia.

En sinal de dó polo pasamento de Valeriano Martínez, o concello de Santiago de Compostela e a Real Academia Galega de Belas Artes acordaron suspender o acto conmemorativo do Día das Artes Galegas 2020-2021, que tiñan previsto celebrar ás 19:00 h. de hoxe, no Hostal dos Reis Católicos.

Compartir: