TURISMO

Turismo de Santiago amosa a cidade a xornalistas e axentes de viaxes alemáns

01/10/2021 Dez xornalistas alemáns están estes días visitando a cidade nunha viaxe no que colaboran Turismo de Santiago, Lufthansa e a Axencia Galega de Turismo. Os xornalistas son de medios xeneralistas, como o Berliner Zeitung ou o suplemento dominical de Frankfurter Allgemeine, e de revistas especializadas en viaxes. Ademáis tamén veñen no grupo dous axentes de viaxes especializados en turismo cultural.

O grupo pasará dúas noites en Santiago. Dende Turismo de Santiago organizouse un programa para que coñezan os principais recursos turísticos da cidade, como a Catedral, onde farán a visita nocturna, o Casco Histórico e a Cidade da Cultura. Tamén poderán coñecer a gastronomía da cidade da man da cociñeira Lucía Freitas, que contan cunha estrela Michelín, con quen farán unha visita ao Mercado de Abastos.

Con esta viaxe de promoción en destino, Turismo de Santiago quere promocionar a cidade no mercado alemán, un dos principais mercados europeos para a cidade xunto co mercado italiano. O obxectivo é que nos vindeiros meses poda comezar unha forte recuperación do turismo internacional, tal como sucedeu co turismo español durante o pasado verán.

Lufthansa recuperou neste verán a súa conexión co aeroporto internacional de Frankfurt, un dos principais aeroportos do mundo, que non puido operar no verán do 2020 por mor da pandemia. Entre xullo e agosto tivo máis de 11.000 pasaxeiros, achgándose ao 13.000 que tivo no 2019 e superando os 9.000 que tivo no 2018.

Compartir: