POLITICAS SOCIAIS

O Pazo de Raxoi iluminarase de verde polo Día Nacional da Artrite

01/10/2021 A noite do 1 de outubro, máis de 170 edificios e monumentos en toda España iluminaranse de cor verde con motivo do Día Nacional da Artrite. Entre eles, está o pazo de Raxoi. Esta iniciativa forma parte da campaña "Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite", organizada pola Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis.

Unha campaña que conta, ademais, con outras actividades de concienciación que se desenvolverán durante estee mes, e nas que participarán as delegacións ConArtritis-Pontevedra (ASEARPO) e ConArtritis-Santiago. Ambas uníronse á campaña para dar voz a todas as persoas de Galicia que teñen enfermidades reumáticas inmunomediadas.

Co lanzamento da campaña, ConArtritis reclama visibilidade para estas enfermidades que afectan a máis dun millón de persoas en toda España e que teñen un alto impacto nas súas vidas. A nivel físico, con efectos que repercuten na súa calidade de vida, como son a dor crónica, a fatiga extrema, a inflamación articular ou a rixidez matutina. E tamén desde o punto de vista da saúde mental, pola incomprensión de amigos e familiares, a frustración de non poder realizar certas tarefas ou ter que abandonar actividades de lecer ou laborais.

Compartir: