MOBILIDADE

A partir de mañá, 2 de outubro, xa se poden ocupar a totalidade dos asentos nos autobuses urbanos

01/10/2021 Desde as 00:00 h. do día 2 de outubro, xa se poderán ocupar a totalidade dos asentos nos autobuses urbanos. Así o establece a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autonóma de Galicia (DOG 189-BIS, xoves 30 de setembro de 2021)

O aforo máximo permitido nos autobuses de carácter urbano queda limitado do seguinte xeito:

-Poderase ocupar a totalidade dos asentos. Manterase a separación máxima cando o nivel de ocupación o permita.

-Establécese como límite de ocupación máxima dous terzos das prazas de pé, procurando que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible.

Sigue sendo obrigatorio o uso da máscara no transporte público. Ademais, non se poderán consumir alimentos no interior dos vehículos e deberase, na medida do posible, evitar o consumo de bebidas, conversar, ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo.

Direcciones relacionadas



Compartir: