EDUCACION

As Escolas Infantís Municipais celebran a Festa da vendima

01/10/2021 A Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago de Compostela, integrada polos centros de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío- Salgueiriños celebraron esta semana a "Festa da vendima".

Despois do periodo de adaptación, na última semana do mes de setembro, as escolas infantís municipais arrancaron a súa programación anual coa "Festa da vendima", na que se desenvolveron distintas actividades relacionadas co proceso da recolección das uvas, e o pisado para elaborar o mosto como se facía antigamente.

Un dos obxectivos destas actividades é, precisamente, traballar os costumes e valores tradicionais da nosa cultura. Para iso empregaron diferentes estratexias metodolóxicas, como a realización de murais empregando diferentes técnicas plásticas, a lectura de contos relacionados co proceso da vendima, a creación de acios empregando plastilina. Foi, sinalan desde o departamento de Educación, unha "semana moi enriquecedora", na que tamén colaboraron as familias aportando os acios de uvas para as diferentes actividades.

Compartir: