EDUCACION

Ábrense as inscricións para participar nas actividades dos "Sábados Abertos" no espazo educativo e de lecer María Miramontes

30/09/2021 Xa están abertas as inscricións para participar nas actividades dos "Sábados Abertos", no espazo educativo e de lecer María Miramontes. O vindeiro sábado, día 2 de outubro a ludoteca abre as súas portas a nenos e nenas de Compostela, con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos de idade.

A xornada dos sábados divídese en tres quendas:
-Primeira quenda: de 10:30 h. a 13:30 h.
-Segunda quenda: de 16:00 h. a 18:00 h.
-Terceira quenda: de 18:00 h. a 20:00 h.

Esta organización por quendas poderá variar en función do contido a desenvolver nas xornadas.

Inscrición
A inscrición nestas xornadas lúdicas non está suxeita á alta no rexistro xeral municipal, senón que as persoas interesadas poderán inscribirse directamente na web do espazo de lecer María Miramontes. A inscrición nos Sábados Abertos estará dispoñible, cando menos, 72 horas antes da realización do mesmo

Prazas
Hai 50 prazas dispoñibles, repartidas do seguinte xeito: 10 para os nenos e nenas de entre os 2 e os 3 anos (que deberán vir acompañados dun titor/a), 20 prazas para nenos e nenas entre os 4 e os 6 anos, e 20 para os nenos e nenas entre os 7 e os 12 anos.

Actividades
As xornadas terán dous formatos: os "Sábados Abertos" e os "Sábados Abertos Temáticos".

Nos "Sábados Abertos", os nenos e nenas usuarios farán uso libre dos xogos e xoguetes do Espazo de Lecer. A maiores, os monitores e as monitoras tamén ofrecerán diferentes actividades de animación e xogo guiado.

Nos "Sábados Abertos Temáticos", as xornadas de ocio e lecer están suxeitas a unha temática específica ligada ao calendario de festividades e conmemoracións, como Samaín, Día Mundial da Paz, Magosto, etc.. Neste caso, as actividades estarán relacionadas aos temas tratados.

Direcciones relacionadas



Compartir: