COMERCIO

Xuntanza coas asociación de comerciantes da cidade

13/09/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un novo encontro coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, Ourives de Compostela e Área Central, no que se trataron varios asuntos; entre eles, o pagamento das últimas axudas ao rescate convocadas, que se farán efectivas ao longo deste mes.

Xosé Sánchez Bugallo informou ás asociacións que os expediente se atopan nos servizos económicos e que "en dúas semanas se estarán pagando". Tamén se abordou a posta en marcha da convocatoria de bonos ao consumo "Corazón Compostela", que se aprobará mañá nunha xunta de goberno extraordinaria para poder activala "inmediatamente". Primeiro abrirase o prazo "para que os comercios se inscriban e a partir do día 24, para que os beneficiarios poidan adquirir os bonos", sinalou o rexedor.

Así mesmo, Sánchez Bugallo anuncioulles ás asociacións a intención do Concello de facer un "esforzo especial de promoción" na campaña de Nadal, da que xa "comezamos a falar". Por último, deuse conta da continuación do programa Eu merco aquí, que debido á súa boa acollida se extendeu aos meses de setembro a decembro (primeira fin de semana de cada un deles).

Compartir: