TURISMO

Publicación das listaxes provisionais relativas ás axudas para o rescate da restauración e hospedaxe

23/07/2021 Hoxe, día 23 de xullo de 2021, publícase a resolución do concelleiro de Turismo relativa á publicación das listaxes provisionais de persoas propostas para a aprobación definitiva da axuda, persoas ás que se lle require subsanar documentación e se lles abre período de requirimento e persoas propostas para o reintegro/devolución da axuda percibida ás que se lle require que acheguen a documentación ou presenten alegacións relativa á fase de xustificación da convocatoria extraordinaria de axudas para o rescate da restauración e hospedaxe do Concello de Santiago afectados pola crise da covid-19, anualidade 2020

O prazo de dez días hábiles iniciarase desde o día seguinte á publicación das listaxes nas seguintes webs do Concello de Santiago:

www.santiagodecompostela.gal
www.cersiaempresa.gal

O prazo dos dez días hábiles iniciarase o día 26 de xullo de 2021 e rematará o día 6 de agosto de 2021 (ambos inclusive).

Para calquera dúbida, prégase que se realicen as consultas preferentemente a través do correo electrónico: axudasturismo@santiagodecompostela.gal.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: