COMERCIO
Santiago chegou a ser unha referencia a nivel mundial en orfebraría. Na idade media chegaron a contabilizarse ata 130 obradoiros de prateiros e azabacheiros arredor da catedral. Por en valor este oficio e recuperar a súa importancia histórica é un dos obxectivos da asociación Ourives de Compostela, presidida por Arturo Ouro.
A Praza de Cervantes acolleu distintos obradoiros de orfebrería, organizados por Ourives de Compostela
17/07/2021 A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, visitaron os obradoiros de orfebrería, organizados por Ourives de Compostela, e nos que colabora o concello de Santiago, que durante toda xornada se desenvolveron na Praza de Cervantes.
Os concelleiros puideron comprobar, da man da orfebre Soledad Mato, como se fabrican pendentes de cuarzos en bata, con pedras en movemento; e como se forxan sortixas en prata e acibeche, tal e como fai o mestre Adonis Suárez. Pola tarde, Manuel Tojo impartiu un taller de figas de acibeche con casquillo de filigrana en prata; e Ricardo Rivas ensinou como se tallan cunchas de acibeche.Santiago chegou a ser unha referencia a nivel mundial en orfebraría. Na idade media chegaron a contabilizarse ata 130 obradoiros de prateiros e azabacheiros arredor da catedral. Por en valor este oficio e recuperar a súa importancia histórica é un dos obxectivos da asociación Ourives de Compostela, presidida por Arturo Ouro.