ALCALDÍA
As propostas que se van levar ao pleno de xullo son:
A proposta contemplada no ordenamento vixente, o "punto de partida", segundo explicou o alcalde. Os parámetros fundamentais desta ordenación parten dun aproveitamento de 23.500 metros cadrados edificables, ca cesión dun espzo libre de uso público de 1395 metros cadrados de solo, e dun local para equipamento comunitario acondicionado de uso público de 900 metros cadrados.
A proposta que, subliñou Sánchez Bugallo, "desde o punto de vista do goberno municipal, dos técnicos e da propiedade está perfectamente encaixada e definida" é a que plantexa a apertura da praza cara San Pedro de Mezonzo, en dirección Leste-Sur, de xeito que se reduzan as sombras e se mellore o soleamento; e ao mesmo tempo conserva a apertura cara República Arxentina, duns 13 metros de ancho. En concreto, nesta proposta, dótase á praza dunha maior apertura cara a rede viaria, duns 50 metros, duplicando os valores anteriores, o que favorece a entrada do sol e a redución das sombras, tal e como explicou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón. Con esta xeometría dase solución ao desenvolvemento no espazo privado da dotación de 400 prazas de aparcamento fixadas na proposta inicial. E á súa vez, resolve os accesos rodados aos aparcamentos senllas rúas, de xeito diferenciado, o que contribuirá a desconxestionar o tráfico da zona. A ordenación de volúmenes contempla tamén un retranqueo ás edificacións da Rúa da Rosa, xerando un patio interior do quinteiro de fondo homoxéneo, en canto á nova ordenación se refire. Esta solución tamén pecha o quinteiro na súa totalidade, en canto á ordenación de volumetría. E ao abrir a praza tamén cara República Arxentina, favorece o tránsito peonil propio do Ensanche, e a comunicación entre esta rúa e San Pedro de Mezonzo. Esta proposta, sinalou o alcalde, "é a que consideramos máis acaída, e a que conta con todos os informes favorables", incluido o visto bó da propiedade.
Unha variación estudando a apertura da praza cara República Arxentina, que segundo explicou o alcalde, "estase ultimando", por parte dos técnicos.
A cuarta recolle a proposta de Compostela Aberta, coa apertura principal da praza cara República Arxentina. O alcalde sinalou que "acaba de asinar a instrución, ordenando aos técnicos municipais que emitan o informe sobre a proposta" para presentala, xunto ás demáis, no pleno do día 29.
O alcalde espera seguir avanzando, dada a importancia do proxecto Peleteiro para a cidade, que a declaración ambiental estratéxica "se aprobe no pleno" e que de xeito paralelo, se busque unha solución de consenso. En todo caso, sinalou desde o goberno municipal "aceptaremos a decisión plenaria".
O alcalde explica á Comisión Mixta do Peleteiro as propostas urbanísticas que irán ao pleno do día 29 para a Declaración Ambiental Estratéxica
16/07/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, expuxeron, ante a "Comisión mixta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro", as tres alternativas de modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12 (antigo colexio Manuel Peleteiro). Estas tres propostas, xunto a outra, que están últimando os técnicos muncipais, son as que se "que se van levar para a Declaración Ambiental Estratéxica, ao pleno do videiro día 29" de xuño. Este é o primeiro documento para poder iniciar o procedemento de modificación do planeamento.
Previamente, Sánchez Bugallo e Mercedes Rosón explicaron estas propostas aos medios. O proxecto Peleteiro, "fundamental", segundo o alcalde, para a zona do Ensanche e para o conxunto de Santiago. "é unha das grandes actuacións", xunto á Intermodal, "pendentes ou en marcha", que cambiarán, dun "xeito cualitativo" a posición do Ensanche en Compostela, consolidándoo como centro da cidade xunto ao casco histórico. "Consolidar esa peza é moi importante", engadiu, "é compre facelo o mellor posible", con solucións válidas de cara o futuro, "pensando nunha perspectiva de 50 ou 75 anos".As propostas que se van levar ao pleno de xullo son: