URBANISMO

Reunión da Comisión Especial para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro

15/07/2021 Hoxe reuniuse a "Comisión especial para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro". Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, na comisión estívose traballando sobre as diferentes propostas "que se van levar para a Declaración Ambiental Estratéxica, ao pleno do videiro día 29" de xuño.

As propostas son tres. A opción cero, sinalou Sánchez Bugallo "coa distribución prevista, actualmente no plan xeral". A opción un, "que en principio se corresponde coa proposta do goberno municpal, de abrir unha rúa de 12 metros de ancho que daría a República Arxentina e a plaza, con algo máis de 30 metros de ancho", quedaría cara a rúa de San Pedro de Mezonzo.

E a terceira opción, a defendida polos grupos de Compostela Aberta e BNG que propón invertir eses termos, abrindo a praza cunha anchura de 30 metros cara República Arxentina, deixando unha apertura de dez metros cara San Pedro de Mezonzo".

Mañá está prevista outra reunión, a da Comisión Mixta, na que, indicou o alcalde, "explicaremos as diferentes alternativas ás asociacións de comerciantes e as asociacións veciñais", que forman parte da mesma. O alcalde espera seguir avanzando", que a declaración ambiental estratéxica "se aprobe no pleno" e que en paralelo "poidamos seguir intentando buscar unha solución consensuada".

A "Comisión especial para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro" está formada por representantes dos tres grupos municipais. Ademais do alcalde, Sánchez Bugallo, constitúena, polo Grupo Socialista, Mercedes Rosón e Sindo Guinarte; polo PP, Alejandro Sánchez-Brunete e Ramón Quiroga; por Compostela Aberta, Marta Lois e Jorge Duarte; e polo BNG, Goretti Sanmartín e Navia Rivas.

Compartir: