TURISMO
Como publicou o Centro Europeo de Control e Prevención de Enfermidades (ECDC) na súa "guidelines for covid-19 testing and quarantine of air travellers", o transporte aéreo demostrouse como unha contorna de baixa prevalencia do virus sumando menos do 1% dos casos detectadAirport Health Accreditation (AHA) demostra o compromiso continuo de Aena coas medidas adoptadas para a seguridade de empregados e pasaxeiros por mor da pandemia, co obxectivo de volver recuperar a confianza dos viaxeiros no transporte aéreo.
As medidas para toda a rede de Aena son: biombos, limpeza e desinfección, señalética, ventilación, xel hidroalcohólico, novos procedementos operativos e elementos contactless, entre outros. Estes protocolos e medidas aplícanse en todos os aeroportos da rede de Aena.
Entre estas medidas, ACI certificou o reforzo da limpeza e desinfección nas instalacións, o control dos aforamentos máximos permitidos e a adaptación dos distintos procesos operativos á nova realidade.
Así mesmo, ACI valorou a instalación de biombos protectores (o aeroporto instalou 61 biombos distribuídos en distintos puntos das terminais: mostradores de facturación, portas de embarque, filtros de seguridade, puntos de información ao pasaxeiro, etc.); de señalética informativa mediante pantallas dixitais, carteis e megafonía con mensaxes de uso de máscara, distancia persoal, hixiene de mans, etc., así como marcas e pegadas de distanciamento social ou anulación de asentos.
Aena elaborou 84 novas mensaxes, que inclúen todas estas variacións en diferentes idiomas, e creáronse máis de 400 adaptacións para os diferentes espazos das infraestruturas. Ademais, instaláronse 80 dispensadores de xel hidroalcohólico, 75 unidades de secamáns con filtros HEPA e 152 billas "contactless" novas.
Sobre todas estas medidas Aena traballou e segue traballando de forma constante en todos os seus aeroportos para recuperar o tráfico de forma segura. O seu Plan de Recuperación Operativa inclúe máis de 100 medidas, entre as dirixidas directamente a pasaxeiros, operativas e organizativas.
Ricardo López, director do Aeroporto de Santiago "Rosalía de Castro", sinala que "este recoñecemento vén apoiar todas as medidas que o aeroporto tomou durante todos estes meses para que a nosa instalación siga ofrecendo a confianza de sempre aos nosos pasaxeiros e sentan seguros ao volver elixirnos para realizar os seus desprazamentos aéreos".
AHA é o primeiro programa mundial concibido especificamente para o sector aeroportuario a partir da crise da COVID-19. A acreditación foi outorgada despois dunha coidadosa avaliación das medidas e procedementos sanitarios que Aena e as autoridades españolas introduciron en todas as áreas e procesos do pasaxeiro.
O aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe a certificación do programa de Acreditación de Saúde Aeroportuaria que o acredita como "aeroporto seguro"
11/07/2021 O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu a certificación do programa de Acreditación de Saúde Aeroportuaria do Consello Internacional de Aeroportos (ACI), un programa que avalía o cumprimento das medidas sanitarias recomendadas por ACI, a Organización de Aviación Civil Internacional (OACI), a EASA, o Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades (ECDC) e as guías da Organización Mundial da Saúde (OMS), e que se atopan á súa vez aliñadas cos obxectivos do Plan de Recuperación Operativa desenvolvido en Aena desde abril de 2020 e que está a aplicar a todos os aeroportos da rede.
A acreditación Airport Health Accreditation (AHA) demostra o compromiso continuo de Aena coas medidas adoptadas para a seguridade de empregados e pasaxeiros por mor da pandemia, co obxectivo de volver recuperar a confianza dos viaxeiros no transporte aéreo.Como publicou o Centro Europeo de Control e Prevención de Enfermidades (ECDC) na súa "guidelines for covid-19 testing and quarantine of air travellers", o transporte aéreo demostrouse como unha contorna de baixa prevalencia do virus sumando menos do 1% dos casos detectadAirport Health Accreditation (AHA) demostra o compromiso continuo de Aena coas medidas adoptadas para a seguridade de empregados e pasaxeiros por mor da pandemia, co obxectivo de volver recuperar a confianza dos viaxeiros no transporte aéreo.