ACCIÓN CULTURAL
O teatro amador, tamén chamado teatro afeccionado ou, co termo francés amateur, é o teatro realizado de xeito non profesional por persoas que non perseguen con esta actividade un interese económico, senón beneficios diversos vinculados co lecer, a socialización, a participación cultural, o desenvolvemento artístico ou a saúde.
Fega Teatro
"Fega Teatro" xurde como proposta para achegar o teatro amador a espazos de nova creación, mesmo aos que non contan cunha dotación técnica ampla, e a lugares onde non existe unha programación teatral estable de carácter profesional.
O obxectivo de "Fega Teatro" é ampliar a oferta cultural e contribuír á creación de novos públicos mediante unha programación estable e axeitada ás demandas de cada localidade.
A partir destas premisas, "Fega Teatro" configúrase como un ciclo de teatro amador que programa varias funcións ao longo do ano en diferentes espazos dunha localidade, distribuidas mensualmente e procurando manter a periodicidade das mesmas.
Dende o ano 2014 programáronse máis de 30 representacións en Santiago, Lugo, Sada, Ponteares, Lalín e Carballiño.
Fega Teatro achegará o teatro amador á veciñanza de Santiago, con dez funcións en distintos Centros Socioculturais
07/07/2021 O Concello de Santiago, a través da concellaría de Acción Cultural e da de Centros Socioculturais ten previsto programar coa Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, varias actividades entre as que destaca o ciclo de teatro "Fega Teatro", con dez funcións con diferentes compañías de teatro amador en distintos Centros Socioculturais da rede municipal.
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o responsable de Centros Socioculturais, Javier Fernández, mantiveron hoxe unha reunión coa presidente de FEGATEA, Chelo Pampillón; e con José Camba, vogal da entidade, para ultimar os detalles desta colaboración, que, no que queda de ano, achegará distintas propostas teatrais á veciñanza de Santiago.O teatro amador, tamén chamado teatro afeccionado ou, co termo francés amateur, é o teatro realizado de xeito non profesional por persoas que non perseguen con esta actividade un interese económico, senón beneficios diversos vinculados co lecer, a socialización, a participación cultural, o desenvolvemento artístico ou a saúde.