XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas as autorizacións de venda ambulante de temporada e dos postos de artesanía

28/06/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, adxudicou hoxe 21 autorizacións de venda ambulante de temporada (16 de postos de recordos e 5 de xeados e castañas); e 17 autorizacións para postos de artesanía na vía pública. O pasado 11 de maio, o executivo municipal aprobou as bases do proceso, ao que se presentaron 41 solicitudes, 3 delas nas dúas modalidades.

De conformidade co establecido nas bases, a adxudicación realízase a favor dos seleccionados que cumpran os requisitos, condicionada á presentación do xustificante de pago da taxa municipal no prazo de 15 días hábiles. O concello resérvase a potestade de cambiar a ubicación ou suprimir os postos previa comunicación aos titulares autorizados, ante a concurrencia de circunstancias excepcionais ou de interese xeral que o fixesen necesario.

En relación aos postos de artesanía, acórdase a seguinte distribución: 6 na Praza da Inmaculada, 3 en Xoán XXIII, 2 na Rúa Nova, 2 en San Francisco e un en Carretas.

Tal e como establecen as bases, establecerase un sistema de rotación nas diferentes ubicación. A asignación inicial de postos (dado que a partires da primeira semana se inicia a rotación) realizarase en función da puntuación obtida e a orde de prelación escollida.

Tendo en conta que o número de solicitudes que cumpren os requisitos excede do número de postos, 16 e 14 respectivamente, próponse a dúas persoas, ás de menor puntuación, para que formen parte da lista de agarda. Ademáis, entre as persoas adxudicatarias hai tres que cumpren os requisitos, pero tamén solicitaron a titularidade dun posto de artesanía, polo que deberán escoller unha das convocatorias.

Polo que respecta ás as autorizacións de postos para o exercicio de venda de temporada de xeados e castañas as cinco persoas solicitantes recibiron cadansúa unha autorización, condicionada á presentación do xustificante de pago da taxa municipal no prazo de 15 días hábiles. A ubicación solicitada foi Cantón do Toural, Alameda, Cervantes, Porta Faxeira e Praza do Toural.

En canto ás autorizacións de artesanía, proponse a seguinte distribución de postos: 5 na Praza da Inmaculada, 8 na rúa Salvador Parga, 3 na Praza de Cervantes e un na Praza de Fonseca (fotógrafo). A asignación inicial de postos (dado que a partires da primeira semana se inicia a rotación) realizarase en función da puntuación obtida e a orde de prelación escollida.

Compartir: