POLÍTICAS SOCIAIS

Compostela súmase á campaña Panos Brancos contra a Droga

26/06/2021 O Concello de Santiago súmase un ano máis á campaña da FEGAMP e a Fundación Galega contra o Narcotrófico, que se celebra con motivo do Día Internacional contra as drogas.

A campaña, que conta cun amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións, leva o nome de Panos Brancos. Converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e ao narcotráfico, cumprindo este ano 2021 a súa décimo quinta edición.

O propósito destes actos é conmemorar de forma especial o Día Internacional contra a droga, establecido pola Organización de Nacións Unidas –ONU.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: