CENTROS SOCIOCULTURAIS

Entrega de agasallos aos nenos e nenas que participaron no concurso de carteis do programa "Vive o Verán 2021"

24/06/2021 O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández; e o de Educación, Rubén Prol, entregaron esta tarde cadernos de pintura e lápices acuarelables aos nenos e nenas participantes no concurso de carteis do programa "Vive o Verán 2021". Entre eles atopábase a gañadora do certame, Ainara, de 11 anos, usuaria, igual que os seus compañeiros, da actividade de pintura no Centro Sociocultural de Conxo. O seu debuxo foi a que máis "gústame" obtivo nas redes sociais, dos 19 que se presentaron.

Ao longo desta semana, os nenos e nenas dos distintos grupos de pintura da rede de Centros Socioculturais que se presentaron a concurso recibiron os seus agasallos, neste caso cadernos de pintura e témperas ou lápices acuarelabes. O luns, os do CSC das Fontiñas; o martes, os do CSC do Castiñeiriño, onte os do CSC de Santa Marta; e hoxe tocoulle aos participantes do CSC de Conxo.

Desde o 5 ata o 29 de abril estivo aberto o o prazo do certame de debuxos que ían ilustrar o cartel de Vive o Verán 2021, e que logo foron publicados no Facebook da rede de Centros Socioculturais, establecendo a data do 15 de maio como remate da votación. O debuxo gañador obtivo 955 "gústame". En conxunto, todas as propostas recibiron un total de 2.487 gústame ou encántame. Agora, todas estas propostas vanse expor nun centro sociocultural.

Vive o Verán 2021
No seu debuxo de Ainara representa unhas flores na marxe dun río, reflectidas sobre a auga. Agora, esa pintura, transformouse no cartel que ilustra a campaña "Vive o Verán 2021". Neste momento está aberto o programa, con 225 actividades, divididas en sete apartados, destinadas a familias, cativadas e adultos. En total ofértanse 2.160 prazas nos centros socioculturais urbanos; ás que se suman outras 200 nos do rural.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o xoves, día 17 de xuño, e permanecerá aberto mentras haxa prazas. Entre as novidades desta edición destacan os xogos na Alameda de Santiago, no Paseo da Ferradura, as xornadas sobre apicultura, os paseos para coñecer a historia dos barrios, ou o xogo virtual "Do bosque ao banquete".

"Vive o verán 2021" está dividido en sete apartados: "Vive o verán nos parques", "Vive o verán co deporte", "Vive o verán na natureza, "Vive o Do programa "Vive o verán 2021" destaca a súa extensión; e a atención que presta a distintas idades, facilitando o encontro e o ocio familiar e interxeracional, con especial atención ás familias con crianzas a través das actividades de "Medrando en familia".

Outro aspecto destacado é o uso dos espazos verdes da cidade neste momento no que nos estamos recuperando da pandemia. O obxectivo: ofrecer espazos e encontros seguros na práctica do deporte, paseos, e outras actividades, como a recollida de plantas mediciñais.

"Vive o verán 2021" tamén é un programa integral, xa que aproveita recursos da programación de centros socioculturais, aos que suma actividades doutros programas, como o "Festival Atlántica de narración oral", actuacións da rede cultural da Deputación da Coruña, contacontos de "Ler Conta Moito" da Xunta; así como outras colaboracións, entre as que se atopa o proxecto "Descabonizate que non é pouco".

Compartir: