COMERCIO

Novas actividades de dinamización comercial para esta fin de semana

24/06/2021 Dado o éxito acadado polos eventos de dinamización de rúa durante a festa do comercio local Prima21 os pasados 3,4 e 5 de xuño, desde o departamento de Comercio apóstase por continuar coa programación lúdico-cultural para todos os públicos durante todas as fins de semana do mes de xuño.

As actividades de dinamización terán lugar os venres pola tarde, e sábados, tanto pola mañá pola tarde, do mes de xuño co obxectivo de animar a cidadanía a saír á rúa e a mercar nos establecementos composteláns.

A programación encádrase dentro da campaña de apoio ao comercio local "Eu merco aquí", presentada o pasado día 28 de maio, que quere simbolizar o compromiso co comercio local. Para difundila levarase a cabo unha campaña de comunicación coa mensaxe "Se es intelixente, merca aquí" que defende que mercar no comercio local non é unha cuestión de xenerosidade ou altruísmo, é un acto intelixente. A devandita campaña comezou coa festa de Prima 21 e continuará durante todo o mes de xuño, coa difusión dun vídeo e outras accións publicitarias e de animación. Na próxima semana publicarase en redes o spot da campaña e elementos de street marketing empregando os soportes de mupis da cidade.

Estas actividades completaranse cun programa pensado para a cativada que desenvolverá a Concellería de Centros Socioculturais na Alameda os venres de verán.

Programación para esta fin de semana
VENRES 25

DJS
SAYA
PRAZA DE CERVANTES 19:00 - 21:00
MANUELE TREMENDO
PRAZA DE SAN AGOSTIÑO 19:00 - 21:00

ITINERANTE
DE NINGHURES 18:00 - 20:00
ZONA VELLA - ENSANCHE: Praza de Cervantes - Preguntoiro - Mazarelos - Orfas - Rúa Nova - Rúa do Vilar - Toural - Carreira do Conde - Xeneral Pardiñas

CONCERTO
ALO DJANGÓ 19:30 - 20:30
PRAZA ROXA

**

SABADO 25

ITINERANTE
CARUNCHOS 12:00 - 14:00
ZONA VELLA: Praza de San Roque - Algalia de Arriba - Praza de Cervantes - Preguntoiro - Abastos - Mazarelos - Orfas - Rúa Nova - Rúa do Vilar - Toural - Porta Faxeira.

THE TURRE´S BAND 12:00 - 14:00
ENSANCHE : Carreira do Conde - Xeneral Pardiñas - A Rosa - Fernando III - San Pedro de Mezonzo Praza Roxa - Santiago del Estero - Rúa Nova de Abaixo - Praza de Vigo.

Corte de tráfico
Para facilitar o desenvolvemento das actividades, pecharanse ao tráfico as rúas de Xeneral Pardiñas e de Fernando III O Santo das 12h ás 14h do sábado.

As liñas con paso por Xeneral Pardiñas realizarán os desvíos indicados, nos servizos comprendidos entre as 12:00 e as 14:00 do sábado 26 de xuño.

Quedan suprimidas as seguintes paradas:
-673 Xeneral Pardiñas nº 35
-674 Xeneral Pardiñas nº 7

*Liñas 5, 15 e P6: desde República Arxentina desviarase pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e cambio de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

*Liña 13: rematará o seu percorrido na pza. de Galicia.

*Liña C11: desde a rúa Santiago de Guayaquil desviarase pola rúa do Hórreo e cambio de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual na ferretería.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Compartir: