ALCALDÍA

Área Central incrementa a súa oferta de ocio coa apertura de Nova Jump, un centro deportivo especializado en saltos

24/06/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración do centro deportivo, especializado en saltos, Nova Jump; que abre as súas portas co obxectivo de ofrecer unha oferta de ocio alternativa e moi concreta, que esperan, contribúa a dinamizar o centro comercial de Área Central.

Nesta visita tamén estaban presentes o concelleiro de Educación, Rubén Prol; o xerente de Área Central, Javier Suárez-Vence; Álvaro Lacasta, director de Alda Nau S.L; Álvaro González, xerente de Nova Jump; e representantes da Asociación de Comerciantes de Área Central.

A superficie de Nova Jump supera os 2.400 metros cadrados ocupados, na súa meirande parte, por camas elásticas que permitirán realizar saltos, acrobacias, parkour, etc. O centro tamén ofrecerá formación nestas disciplinas.

Compartir: