EDUCACIÓN

Publicadas a listaxe definitiva de admisión na Escola de Música e a provisional para o programa English Summer School

22/06/2021 O departamento de Educación vén de facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2021/22, así como as provisionais para o programa English Summer School.

Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisionais, procede a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2021/22 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 15 de marzo de 2021.

Período de matrícula:
do 23 ao 30 de xuño de 2021 na Secretaría da EMM en horario de 11h a 14h e de 16h a 20h.

De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.

Documentación que deben achegar para a formalización da matrícula:
- Solicitude de matrícula.
- Anexos 1 e 2 e autorización de recollida no caso dos menores de idade.
- Formularios protocolo COVID.
- Aquela documentación que indique a Ordenanza de prezos públicos de Santiago como necesaria para beneficiarse das bonificacións ou exencións que se establezan.
- Fotocopia do DNI ou folla do libro de familia onde figura o alumno/a.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

Prezo público:
De acordo coa Ordenanza 4.30. Prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música- Modificación aprobada por acordo do Pleno da Corporación o día 31 de outubro de 2012. Publicada no BOP da Coruña de 31 de decembro de 2012, os importes son:
Matrícula: 59,50 EUR
Cotas mensuais:
- Escola Infantil de Música: 35,65 EUR
- Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA: 53,50 EUR
- Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto: 42,80 EUR
- Formación musical complementaria a práctica instrumental: 35,65 EUR

English Summer School
Tamén se publican hoxe as listas provisionais de persoas admitidas no programa de conciliación English Summer School. Rematado o prazo de presentación de solicitudes para este programa e ao non cubrirse a totalidade das prazas ofertadas, admitiranse novas solicitudes por orde de entrada no rexistro xeral do Concello de Santiago ata completar a totalidade das prazas ofertadas.

Compartir: