ALCALDÍA

O alcalde reúnese co doutor Manuel Bustamante

21/06/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá na alcaldía ao doutor Manuel Bustamante, que o informou da organización do XXIV Congreso da Asociación Española de Coloproctoloxía.

O Congreso terá lugar os vindeiros días 20 a 22 de outubro de 2021, no Pazo de Exposicións e Congresos. Os organizadores agardan que as condicións sanitarias permitan a celebración presencial do evento, aínda que contemplan tamén a posibilidade do desenvolvemento online.

Segundo lle trasladou o doutor ao alcalde, o Comité Científico está a preparar con moita ilusión todas as conferencias, relatorios, mesas de debate e de investigación, talleres, seminarios, aulas, etc., que conformarán o programa científico que pretende axudar a aumentar o coñecemento en multitude de materias necesarias para o traballo diario destes profesionais. Tamén haberá espazo para a presentación de comunicacións e vídeos técnicos.

Compartir: