COMERCIO

Novas actividades de dinamización comercial para esta fin de semana

18/06/2021 Dado o éxito acadado polos eventos de dinamización de rúa durante a festa do comercio local Prima21 os pasados 3,4 e 5 de xuño, desde o departamento de Comercio apóstase por continuar coa programación lúdico-cultural para todos os públicos durante todas as fins de semana do mes de xuño.

As actividades de dinamización terán lugar os venres pola tarde, e sábados, tanto pola mañá pola tarde, do mes de xuño co obxectivo de animar a cidadanía a saír á rúa e a mercar nos establecementos composteláns.

A programación encádrase dentro da campaña de apoio ao comercio local "Eu merco aquí", presentada o pasado día 28 de maio, que quere simbolizar o compromiso co comercio local. Para difundila levarase a cabo unha campaña de comunicación coa mensaxe "Se es intelixente, merca aquí" que defende que mercar no comercio local non é unha cuestión de xenerosidade ou altruísmo, é un acto intelixente. A devandita campaña comezou coa festa de Prima 21 e continuará durante todo o mes de xuño, coa difusión dun vídeo e outras accións publicitarias e de animación. Na próxima semana publicarase en redes o spot da campaña e elementos de street marketing empregando os soportes de mupis da cidade.

Estas actividades completaranse cun programa pensado para a cativada que desenvolverá a Concellería de Centros Socioculturais na Alameda os venres de verán.

Programación para esta fin de semana
VENRES 18

ITINERANTE ENSANCHE – ZONA VELLA:
CARAPAUS 18:00 – 20:00H
CONCERTO PRAZA ROXA: THE LÁKAZANS 19:30H
DJ PRAZA DE SAN AGOSTIÑO: SAYA 19:00 – 21:00H

SÁBADO 19

ITINERANTE ZONA VELLA – ENSANCHE
POP ART – PABLO MÉNDEZ PERFORMANCE 12:00 – 14:00H

Direcciones relacionadas



Compartir: