COMERCIO

Publicación de listaxes de solicitudes recibidas e requirimentos de subsanación da convocatoria de axudas para o rescate do comercio local

18/06/2021 Hoxe, día 18 de xuño de 2021, publícase a listaxe de solicitudes recibidas e requirimentos de emenda e achega de documentación da "CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O RESCATE DO COMERCIO LOCAL AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021", dentro do PRESS, o Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago.

O prazo para a presentación da documentación requirida, que deberá realizarse, ao igual que no caso da solicitude, exclusivamente por medios electrónicos remata o 2 de xullo de 2021.

Para as dúbidas relativas a este requirimento prégase que se realicen preferentemente a través do correo electrónico do departamento de comercio, comercio@santiagodecompostela.gal, ou ben a través dos medios de contacto establecidos na web do programa Coidar para Mellorar.

Direcciones relacionadas



Compartir: