XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ao alleamento de cinco parcelas nas que está previsto construir vivenda protexida

14/06/2021 A xunta de Goberno Local aprobou hoxe allear, mediante o procedemento de concurso público con procedemento aberto, cinco parcelas nas que está previsto construir 148 vivendas; iniciando así o expediente de licitación que rexerá a venda.

As parcelas son as seguinte:

-Parcela M-8 do SUP-7. Parcela de forma irregular integrante do "Proxecto de expropiación do solo urbanizable programado número 7 de Pontepedriña", de Santiago de Compostela destinada a vivenda de protección autonómica de réxime especial (VPA-RE ) e a comercial, residencial comunitario e outros uso permitidos pola ordenanza. Ten unha superficie de 768 m2 de solo e unha edificabilidade sobre rasante de 2.693 m2 construíbles, dos que 1.834 m2 son de carácter residencial e 859 m2 de carácter comercial, cun número máximo de 22 vivendas. Está situada na Rúa Alejandro Pérez Lugín 2. Valorada, IVE incluido, en 499.254,47 euros.

-Parcela UER5 do SUNP-5. Parcela de forma irregular integrante do "Proxecto de expropiación do solo urbanizable non programado número 5 da Muíña de Santiago de Compostela" destinada a vivenda de protección autonómica de réxime xeral (VPA-RX). Ten unha superficie de 3.630 m2, unha edificabilidade sobre rasante de 7.257 m2, cun número máximo de 62 vivendas. Está situada na rúa SD Compostela. Valorada, IVE incluído, en 2.575.405,14 euros.

- Parcela BB2 do SUNP-11. Parcela de forma rectangular integrante do "Proxecto de expropiación do solo urbanizable non programado número 11 do Castiñeiriño de Santiago de Compostela" destinada a edificación residencial de protección autonómica de prezo xeral. (VPA-RX). Ten unha superficie de 1.056 m2, unha edificabilidade de 3.351,04 m2, cun número máximo de 32 vivendas. Situada na rúa SD Compostela está valorada en 885.799,86 euros.

-- Parcela PR-4 do SUNP-4 integrante do "Proxecto de compensación do SUNP-4 do Camiño Francés". Ten unha superficie: 1.290,67m2 solo e unha edificabilidade de 2.104,66m2 construíbles. SEgundo explicou ou alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, está previsto construir unhas 20 vivendas. Situada na rúa Vicente Risco, está valorada en 711.679,65 euros.

- Parcela PARCELA BB5 DO SUNP-11. Parcela de forma trapezoidal integrante do "Proxecto de expropiación do solo urbanizable non programado número 11 do Castiñeiriño de Santiago de Compostela" destinada a edificación residencial de protección autonómica de réxime especial (VPA-RE). Ten unha superficie de 543,03 m2, cunha edificabilidade sobre rasante de 1.266,30 m2 e con un número máximo de 12 vivendas. Situada na rúa Federica Monteseny, está valorada en 306.238,90 euros.

O anuncio de aprobación deste prego e da licitación que será simultáneo publicarase no BOP e nos lugares determinados pola normativa aplicable para que, no prazo de 45 días naturais, poidan presentarse ofertas. Durante este prazo de licitación poderán presentarse alegacións ao expediente de alleamento. De efectuarse alegacións o procedemento de licitación quedará en suspenso.

A maiores, darase conta ao órgano da comunidade autónoma competente (Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local); e trasladarse o acordo adoptado e o expediente á sección de contratación para que tramite a licitación para a venda por concurso público con procedemento aberto.

Outros acordos
Na reunión do goberno municipal tamén se aprobou o expediente denominado "Rehabilitación do local en planta baixa e do xardín de Afundación da Praza Salvador Parga 4-5", así como a aprobación do gasto correspondente e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado, establecéndose un tipo de licitación de 282.030,62 euros, IVE engadido.

Tamén se deu luz verde á aprobación do expediente denominado "Execución do proxecto da obra de "Reforma do viario A Pajuela - Campo da festa de Marrozos (fase II), así como a aprobación do gasto correspondente e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto, establecéndose un tipo de licitación de 234.272,38 euros, IVE engadido.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao expediente denominado "Prestación do servizo de redacción de anteproxecto, proxecto básico e de execución e dirección facultativa de obras da Recuperación do Campus Sur para a cidadanía", así como a aprobación do gasto correspondente e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto, establecéndose un tipo de licitación de 53.696,42 euros, IVE engadido.

Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago (EDUSI Santiago) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 nun 80% sendo o 20% restante con cargo á dotación económica municipal.

Documentos relacionados



Compartir: