XUNTA DE GOBERNO

Apróbanse as bases para subvencións de festas patronais e o programa de dinamización económica "Compostela Móvese 2021"

14/06/2021 A Xunta de Goberno Local aprobou as "Bases da convocatoria de subvención a festas patronais do Concello de Santiago de Compostela 2021", que contan cun orzamento de 44.000 euros.

A convocatoria terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2021, sempre e cando as solicitudes cumpran con todas as cláusulas contidas nas bases. As festas que serán obxecto de subvención deberán ter como data de celebración as comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 13 de outubro de 2021.

A convocatoria establece que os gastos subvencionables son os efectuados en instalación de inchables, festa da escuma, xogos populares, corais, charangas e grupos de música, grupos de baile, karts a pedais, e bandas de música. O importe máximo da subvención para cada solicitante e para cada festa será de 1.250 euros.

O período de solicitude será o comprendido entre a data de publicación da convocatoria no BOP da Coruña e o 15 de xullo de 2021. O prazo de xustificación do gasto efectuado será do 1 de setembro ao 15 de outubro de 2021. Os criterios de adxudicación da subvención serán por orde de chegada, sempre que se cumpran os requisitos da convocatoria, até o consumo do orzamento dispoñible na aplicación.

Compostela Móvese
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o programa de actividades "Compostela Móvese 2021"; e as bases xerais de acceso ás actividades incluídas neste programa de dinamizacion económica; que ten como obxectivo cubrir as necesidades urxentes derivadas da crise provocada pola COVID-19, con proxectos estratéxicos para o desenvolvemento económico do Concello e Santiago.

Este programa de actividades, que conta cun orzamento previsto de 240.770 euros, está dirixido ao empresariado compostelá, así como ás persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial e/ou queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora, extra e intraempresarialmente.

Compostela Móvese 2021 contempla as seguintes actividades:

1. Licitación por contratación por procemento aberto multicriterio, por lotes, dos servizos de Adestramentos colaborativos (lote 1), Proxecto "colaboractiva" (lote 2) e Axenda económica de compostela (lote 3). Conta cun orzamento previsto de 65.000 euros.

2.Patrocinio da Maker Faire Galicia, cun orzamento previsto de 15.000 euros.

3. Patrocinio do IV Congreso de Recursos Humanos da Asociación para el Progreso de la Dirección, cun custe previsto de 14.520 euros.

4. Actividades de consultoría, cun orzamento previsto de 20.000 euros.

5. Actividades de fomento da economía social, cun orzamento previsto de 25.000 euros.

6. Actividades de promoción da economía circular, cun orzamento previsto de 25.000 euros.

7. Fomento do emprendemento con perspectiva de xénero, cun orzamento previsto de 15.000 euros.

8. Plataforma Santiago na memoria, cun orzamento previsto de 10.000 euros.

9. Liña de formación e consultoría en liña para o asesoramento de cara á apoiar as empresas na elaboración dos seus plans de reactivación económica, cun orzamento previsto de 20.000 euros.

10. Campaña de comunicación Compostela Somos Cultura, cun orzamento previsto de 47.000 euros.

11. Contratación da Axenda Urbana Compostela 2030.

12. Gastos xerais.

Documentos relacionados



Compartir: