ALCALDÍA

O alcalde participa na I edición da CompostelEmma

14/06/2021 O Colexio Emma, situado na rúa da Virxe da Cerca, convidou o alcalde compostelán e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, a participar na I edición do seu particular Camiño de Santiago e o obter a "CompostelEmma".

A actividade consistiu na realización simulada do Camiño de Santiago, neste caso do Francés, dende Roncesvalles. Desenvolveuse nas instalación deportivas do colexio, onde o alumnado emulou os pasos dos moitos peregrinos que cada ano percorren o Camiño empregando as máquinas de exercicio do centro. Estas máquinas foron contando os quilómetros realizados polos rapaces e rapazas, o equipo docente, o alcalde e o concelleiro, que tamén se animaron a participar.

O obxectivo final é cubrir todos os quilómetros que separan o inicio do Camiño Francés do seu remate, a praza do Obradoiro, para conseguir a Compostela ou, neste caso, a CompostelEmma.

Compartir: