CENTROS SOCIOCULTURAIS

Estréase "Do bosque ao banquete", un xogo organizado pola rede de Centros Socioculturais que permanecerá operativo durante un ano

11/06/2021 A rede de Centros Socioculturais programou para esta tarde "Do bosque ao banquete", un xogo que ten como obxectivo difundir a historia do Banquete de Conxo e o segredo das árbores. A estrea deste pasatempo terá lugar ás 19:15 horas, no Bosque do Banquete de Conxo, e poderase xogar individualmente, en familia ou en grupos de amigos/as.

É un xogo de rastrexo de pistas, nun formato semivirtual, para o que só se precisa un teléfono móbil co que ir escaneando os códigos QR. Este xogo comeza coa recollida do cartafol que se entrega no Centro Sociocultural de Conxo. Son as indicacións iniciais que marcan o comezo da aventura na busca dos misterios do Banquete de Conxo. EsSta actividade ten unha duración aproximada dunha hora, e consiste en ir resolvendo as pistas que aparecerán neses códigos QR, para descubrir o segredo das árbores.

Quen resolva o segredo das árbores, terá unha acreditación como detective do bosque de Conxo e descobridor/a, que se entregará no Centro Sociocultural de Conxo. Este xogo estará operativo ata xuño de 2022, xa que eses cógido QR van seguir operativos, para todas aquelas persoas e alumando de centros educativos que desexen participar nesta actividade.

Compartir: