DEPORTES

Santiago acolle este domingo os campionatos de Galicia de milla e de un quilómetro en ruta

11/06/2021 A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou o "XII Campionato de Galicia de Milla en ruta 2021 e das categorías sub 18, sub 20 e sub 23 e máster" e o "XII Campionato de Galicia de un quilómetro en ruta das categorias sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16"; acompañada de Iván Sanmartín, delegado da Federación de Atletismo de Santiago, e vicepresidente da estrutura territorial da Federación. As distintas probas, nas que se inscribiron máis de 400 atletas, desenvolveranse o próximo domingo, día 13, entre as 10:00 h. e ás 13:40 h. nos arredores da Praza de Galicia

Uns campionatos que son, segundo sinalou Iván Sanmartín "unha aposta da Federación e do departamento de deportes do concello de Santiago. Destacou o "récord de persoas inscritas", máis de 400; se sinalou que, "sentíndoo moito, non poden participar todos". O límite en cada proba é de 10-12 atletas, "e en algunhas probas, programamos dúas saídas cunha diferencia de 20 segundos para intentar coller ao maior número posible de participantes". O delegado da Federación de Atletismo de Santiago espera que este campionato "sexa o punto de inflexión para que esta milla sexa un referente a nivel nacional".

A saída das diferentes probas terá lugar na rúa de Senra e a meta será na Praza de Galicia. As e os atletas realizarán un circuito cara a rúa Fonte de Santo Antonio, onde darán a volta para retornar á Praza de Galicia. Esta zona permanecera cortada ao tráfico durante o desenvolvemento dos campionatos.

Neste campionato podían inscribirse os atletas federados. Todas as persoas deberán cumprir os protocolos anticovid. O aforo de público está controlado segundo as indicacións establecidas no Protocolo da Federación Galega de Atletismo para a práctica deste deporte.

Documentos relacionados



Compartir: