POLÍTICAS SOCIAIS

Mila Castro asiste á inauguración da mostra itinerante "As caras da meninxite"

08/06/2021 A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asistiu hoxe á inauguración da exposición itinerante "As caras da meninxite", que se pode visitar na sede da Fundación ABANCA, situada na Praza de Cervantes, ata mañá, 9 de xuño. O obxectivo desta mostra é concienciar sobre esta doenza que xera graves secuelas ás persoas afectadas, sobre os seus síntomas, e sobre a súa prevención.

Para elo achega a sociedade e institucións o rostro máis humano da enfermidade a través de historias reais de supervivintes da meninxite, pero que sufriron o seu impacto. Son relatos de nais coraxe, de adolescentes cheos de motivación e superación, nunha exposición que é un canto á vida e á esperanza. E son relatos con nome propio: Dávide, Samy, Natalia e Emilio, Gloria, Irene, María, Mireia, Cristina ou Elena.

Entre os obxectivos máis concretos da mostra figura a necesidade de incluír a vacina contra a meninxite B no calendario vacunal de Galicia. Con esta medida, acabaríase coa desigualdade social da comunidade autónoma provocada polo alto custe das vacinas; e ao mesmo tempo, sería de gran axuda para as familias.

O acto formal de inaguración foi presentado pola xornalista Silvia Jato, e ademáis de Mila Castro, entre os asistentes atopábase o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta da Asociación Española contra a Mininxite (AEM), Cristina Regojo.

Compartir: