TURISMO

Publicación de listaxes de solicitudes recibidas e requirimentos de subsanación da convocatoria de axudas á restauración, hospedaxe e turismo

08/06/2021 Hoxe, día 8 de xuño de 2021, publícase a Resolución do concelleiro de Turismo relativa á publicación de listaxes de solicitudes recibidas e requirimentos de subsanación da "CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O RESCATE DA RESTAURACIÓN, HOSPEDAXE E TURISMO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021".

O prazo para a presentación da documentación requerida, que deberá realizarse ao igual que no caso da solicitude exclusivamente por medios electrónicos, iníciase o día 9 de xuño de 2021 e remata o 22 de xuño de 2021. Pregamos que se a documentación se presenta no rexistro electrónico do Concello se escolla o trámite:"Presentación de documentación e alegacións"

Coa finalidade de non colapsar a liña telefónica do CERSIA Empresa e garantir una axeitada atención, para calquera dúbida que puidera existir sobre este particular, as persoas interesadas poden facer chegar as súas consultas por correo electrónico á dirección axudasturismo@santiagodecompostela.gal indicando no asunto a razon social e/ou CIF/NIF da empresa solicitante.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: