REXISTROS

Novo funcionamento dos rexistros do Concello dende o 7 de xuño

04/06/2021 A partir do 7 de xuño de 2021, co fin de axilizar o cumprimento de trámites e mellorar a calidade dos servizos na atención presencial, os cidadáns que desexen presentar fisicamente solicitudes relativas aos impostos ou tributos municipais (bonificacións, liquidacións, etc) ou a materias de urbanismo (licenzas, comunicacións previas, etc) deberán dirixirse exclusivamente ás seguintes oficinas:

- Atención ao contribuínte (rúa do Presidente Salvador Allende, 4 – baixo): trámites tributarios.

- Rexistro e información de urbanismo (Pazo de Raxoi, Praza do Obradoiro, 1-2º): trámites en materia de urbanismo.

En consecuencia, o Rexistro xeral deixará de tramitar a presentación física de solicitudes ou instancias relativas ás materias sinaladas, que serán atendidas polos rexistros específicos de Atención ao contribuínte e Rexistro e información de urbanismo. O Rexistro xeral (rúa Presidente Salvador Allende, nº 4, baixo), continuará atentendo os restantes trámites.

Compartir: