EDUCACIÓN

Rubén Prol aposta por un maior investimento en innovación durante a apertura das xornadas de educación de Maker Faire

04/06/2021 O concelleiro de Educación, Rubén Prol, participou na apertura das xornadas de Educación da séptima edición de Maker Faire. Na súa intervención, destacou que a "educación é o piar da sociedade e debe adaptarse continuamente ás necesidades e aos avances sociais. A crise provocada pola pandemia fortaleceu a dixitalización, acelerou a revolución tecnolóxica e puxo sobre a mesa a necesidade dun maior investimento en innovación e investigación".

Para Rubén Prol, "o camiño cara o futuro pasa por unha educación na que a innovación e a investigación xogan un papel fundamental. Unha educación en soporte tecnolóxico, na que todo o alumando teña a mesma capacidade de acceso a internet e a esas novas tecnoloxías" O concelleiro engadiu que "as restriccións impostas a raíz da crise sanitaria, incrementaron unha tendencia que xa se estaba afianzando: o papel das novas tecnoloxías como canle de transmisión de accións formativas. Maker Faire, que este ano nos regala unha interesante xornada sobre intelixencia artificial, videoxogos ou robótica, é un exemplo".

O titular de Educación aproveitou para darlle a noraboa á oranización da feira: "estou seguro que o éxito acadado na edición anterior, volverase repetir", subliñou. Rubén Prol a súa intervención sinalando que "o camiño cara o futuro é o camiño da tecnoloxía e a innovación. É o camiño, que con estas xornadas, nos marca Maker Faire".

Hoxe celebrarase a xornada educativa, na que o nome máis destacado é o de Valeria Corrales, unha minimaker de 12 anos de Huesca que se fixo famosa ao ser seleccionada para o talent show máis importante do mundo. Ademais de Valeria, a programación complétase con catro mesas de debate moi interesantes e máis de 40 proxectos de centros educativos de todo o mundo. O broche de ouro poñerao o primeiro EDU Open Space, un espazo para debater ao redor da innovación educativa, e unha listaxe de talleres moi potente para aprender sobre intelixencia artificial, videoxogos ou robótica.

A feira péchase coas xornadas abertas, a todos os públicos, mañám, día 5 e o domingo día 6; onde o Do It Yourself, a música ou a arte únense coa tecnoloxía. Charlas como a da mexicana Trindade Gómez, falando do seu Fab Lab co que está empoderando a artesáns/as indíxenas, ou talleres como o dos arxentinos Alquimétricos son uns dos pratos fortes destes días. No apartado de proxectos destacan o xaponeses Robot band, unha banda de rock constituída por robots, os brasileiros Batebit, co seu kit musical ou os minimakers de VermisLAB cos seus proxectos para mellorar o mundo.

Se queres ter máis información sobre este evento e como participar non dubides en visitar a súa plataforma en liña https://makerfairegalicia.com/, o rexistro de asistentes é totalmente gratuíto.

A 7ª edición da Maker Faire Galicia celebrarase nun Museo Gaiás virtual e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura, a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) e Círculo Financiero de Galicia. Estas xornadas enmárcanse dentro do proxecto Capacita Directivos.. Realízase coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia e Innovación.

Compartir: