OBRAS

Nota aclaratoria sobre a aparición de restos óseos en Salgueiriños

02/06/2021 Pasadas as catro da tarde, o concelleiro de Obras, Javier Fernández, foi informado da aparición duns restos óseos nunha finca de titularidade municipal localizada na zona de Salgueiriños.

Estes restos estaban nunha parte dos escombros procedentes das obras de reparación do muro de Costiña do Monte, e corréspondense, segundo sinalou o representante do xulgado personado no lugar, cos ósos aparecidos e analizados durante os traballos de reconstrución do citado muro. Precisamente os escombros depositáronse nesa finca por se nun futuro foran de interese para investigación, supervisada polo Imelga e baixo a tutela do xulgado.

Personado o concelleiro de Obras no lugar, a Policía Nacional infórmao que están esperando a que acuda o forense de garda, que resulta ser o mesmo que levou a actuación de Costiña do Monte. Cando chega, pouco antes das cinco da tarde, informa que son ósos sen transcendencia legal, e que tanto estes como os que se vaian atopando, se trasladen ao depósito do cemiterio municipal.

Compartir: