MOCIDADE

Xa está aberto o prazo de inscrición no programa Hortalízate, que comezará o 3 de xuño

25/05/2021 O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe unha nova edición do proxecto Hortalízate, destinado a adolescentes que comezará a funcionar o vindeiro 3 de xuño. O proxecto, segundo explicou, ten como obxectivo capacitar, adestrar e dulcificar a agricultura ecolóxica nas hortas urbanas da Almáciga. Acompañando a Rubén Prol estaba Luz Eyo, coodinadora do programa.

"Hortalízate" conta con 10 prazas. As clases, que se impartirán o mercores, comezan o mércores da semana que ven e prolongaranse ata outubro. Terán lugar ás cinco da tarde, en dúas hortas da Almáciga. Está destinada a mocidade de entre 14 e 35 anos, aínda que terá preferencia a franxa de idade de 14 a 30 e aquela empadroada en Compostela. As persoas interesadas poden inscribirse enviando os seus datos ao correo dptoxuventude@santiagodecompostela.gal.

Es actividade xurde, segundo explicou Rubén Prol co fin de "concienciar aos máis mozos na agricultura ecolóxica, na sustentavilidade, e no consumo responsable". Unha actividadade, continuou, "que pretende dar a coñecer as técnicas de manexo ecolóxico dunha horta urbana de maneira teórica e práctica".
O obxetivo xeral, segundo explicou Luz Eyo, é ofrecer un programa formativo circular e integrado de agricultura ecolóxica a pé de horta seguindo todos os pasos: preparación, planificación, mantemento, coidados, dulcificación, asesoramento, seguemento e colleita dos produtos locais e de tempada da mesma horta urbana que se sementou. A todo isto súmase a aprendizaxe de conservación de produtos como pementos e tomates, os que principalmente se van cultivar.

En canto a obxectivos específicos, estaría:

- Dar a coñecer as técnicas de manexo en agricultura ecolóxica nas hortas urbanas (planificación, ordenamento, distribución e selección de produto local e de tempada)

- Fomentar a participación e implicación da mocidade a pé de horta.

- Transmitir a importancia da eficiencia de recursos (auga- rego por goteo, enmendas – compostaxe, elección de semente e planta) para un uso sostible do espazo.

- Difundir a importancia da horta eco e orgánica, empregando tarefas de dulcificación e integración no medio, como é a eliminación de plásticos; e tamén a utilización de recursos que pasen a ser insumos da horta, como a iniciativa de compostaxe e/ou control biolóxico.

- Capacitar á mocidade sobre o xeito de colleitar e empregar as técnicas de conservación para a obter un subministro sostible, duradeiro e continuado ao longo do ano.

- Pór a punto e integrar a horta para o período invernal.

Programa
O programa dividese en catro fases, con actividades de formación práctico-teóricas. Son:

Preparación e posta a punto da horta.

Mantemento e organización de recursos.

Dulcificación, asesoramento a hortas amigas e emprego de control biolóxico.

Colleita, creación de compostaxe, e masterclass de suministro sostible e conservación, e preparación de horta de inverno.

Este programa ten un custe de 10.075 euros para a concellaría de Mocidade. En total impartiránse 150 horas de formación, nas que se inclúe docencia teórica e seguemento do traballo práctico do alumando.

Compartir: