COVID19

A partir desta tarde péchanse as pistas polideportivas

23/10/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que se deu orde para que a partir desta tarde se pechen as pistas polideportivas. A razón: a orde da Xunta de Galicia de 21 de outubro de 2020 referida a Santiago de Compostela, que establece que non pode haber deportes de contacto, nin grupos de máis de cinco persoas, e que ademáis teñen que ser convivintes.

Iso, segundo explicou o rexedor, "é imposible de controlar e xestionar e non responde ao que está pasando habitualmente nas pistas polideportivas, xa que normalmente se xoga ao fútbol ou o baloncesto, que son deportes de contacto e loxicamente os equipos non están formados por persoas convivintes". Polo tanto, engadiu Sánchez Bugallo, "procédese cautelarmente ao peche das pistas poliderportivas, a partir da tarde do venres, 23 de outubro.

Os parques infantís manteranse abertos, porque, sinala o alcalde, " a normativa da Xunta non establece ningunha condición específica diferente das que viñan rexendo ata o día de hoxe, polo tanto vanse manter nas mesmas condicións".

Compartir: