XGL

A Xunta de Goberno local aproba conceder a licenza para executar a primeira fase do plan de despregue da fibra óptica

13/10/2020 A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, acordou, entre outros asuntos, conceder a licenza para executar o "Plan de despregue da rede FTTH Orange/Jazztel na cidade histórica de Santiago de Compostela Fase 1: rúa do Franco e rúa do Vilar, 34/84". Os traballos levaraos a cabo a empresa "Oranxe España Comunicaciones Fijas S.L.", e contará cun orzamento de execución material de 39.946,95 euros. Dos temas tratados na reunión do executivo municipal informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

A Xunta de Goberno local aproba conceder a licenza para executar a primeira fase do plan de despregue da fibra óptica A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, acordou, entre outros asuntos, conceder a licenza para executar o "Plan de despregue da rede FTTH Orange/Jazztel na cidade histórica de Santiago de Compostela Fase 1: rúa do Franco e rúa do Vilar, 34/84". Os traballos levaraos a cabo a empresa "Oranxe España Comunicaciones Fijas S.L.", e contará cun orzamento de execución material de 39.946,95 euros. Dos temas tratados na reunión do executivo municipal informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

En relación a licenza de fibra óptica, a nova documentación presentada pola empresa, sobre a que se concede a licenza, presenta unha serie de melloras respecto á anterior do mes de xuño. Entre as modificacións destaca o cambio no ámbito de intervención, de xeito que a rede se estende tamén dende a Rúa do Franco, ata parte da Rúa do Vilar (entre os números 34 e 84), co obxecto de resolver quinteiros ou mazás completas. Esta ampliación permite eliminar a práctica totalidade do tendido de fibra prevista inicialmente no lado impar da Rúa do Franco, xa que a maior parte dos edificios dos núemro simpares teñen o portal de acceso ás vivendas na Rúa do Vilar. Tamén amplia a penetración prevista da instalación, que se proxecta para dar cobertura ao 100% dos usuarios e incorpora un novo deseño da rede de distribución no que se empregan Caixas Ópticas Terminais con divisor (CTO) con capacidade para catro portos,en lugar das previstas que permitían un máximo de dous portos. Resumindo, con este novo deseño redúcese o número total de caixas necesarias, redúcese o número total de cables e redúcese o número de fusións, xa que a terminación dos portos na caixa incorpora a conectividade necesaria.

Contratos
A Xunta de Goberno local, a proposta do concelleiro delegado de Educación, aprobou o expediente do "Servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización dos diferentes programas educativos e das actividades da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela"; así como a ogasto correspondente e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto establecéndose un tipo de licitación de 496.999,96 euros/ano, exento de IVE para os exercicios 2021, 2022 e 2023.. O importe resultante desta contratación satisfarase con cargo aos orzamentos do Concello de Santiago de Compostela, tramitándose como anticipado de gasto, xa que a prestación do servizo non se iniciará ata o vindeiro ano, e quedando condicionado, polo tanto, á súa inclusión no exercicio orzamentario 2021.

A proposta do concelleiro delegado de Mobilidade e Seguridade deuse luz verde á contratación da poxa dos obxectos perdidos na vía pública depositados na Policía Local. Apróbase a contratación da entidade SALA RETIRO SA, para a realización da citada poxa pública dos obxectos perdidos que foron valorados no informe emitido pola mesma entidade o 16 de decembro de 2016. A oferta é a seguinte: a empresa non cobra cantidade algunha pola prestación do servizo, leva a cabo a poxa e adquire o 10% do que consiga venderse polo prezo resultante da licitación. O prezo do contrato, polo tanto, pode fixarse no 10% do importe da valoración dos obxectos. Ese dez por cento, IVE engadido, ascende a 616,98 euros.

Convenios
Entre os convenios aprobados para o ano 2020 figuran, segundo explicou o alcalde, varios do departamento de Acción Cultural: co Museo do Pobo Galego por un importe de 30.000 euros; coa Fundación Torrente Ballester, por 10.000 euros; e outros dous máis, coa Casa da Troia e coa Fundación Rosalía de Castro, por 5.000 euros cada un deles. Estas cantidades destinaranse ao financiamento dunha parte das actividades programadas polas citadas entidades culturais.

A proposta da concelleira delegada de Políticas Sociais aprobouse o convenio entre o Concello de Santiago e a asociación para a promoción social e inserción laboral PLATAFORMA POLO EMPREGO. 2020. En concreto, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao texto do citado convenio no que se recolle unha subvención nominativa por valor de 12.000 euros, que se destinará ao financiamento do programa de inserción sociolaboral Compostela Convive.

Tamén saiu adiante a proposta da concelleira delegada de Deportes relativa á convalidación da ratificación da aprobación da addenda ao convenio de colaboración entre o Concello e o Consorcio da cidade de Santiago para a xestión do complexo deportivo FONTES DO SAR; e a aprobación do gasto por importe de 80.792,84 euros, correspondente ao presente ano.

Outros Aprobouse, ademáis, a proposta da concelleira delegada de Políticas Sociais relativa á revisión e modificación do informe económico sobre a determinación do valor estimado do contrato de "Servizo de axuda no fogar no municipio de Santiago de Compostela" e do PCAP. Así, acordouse, revisar e modificar o Prego da Causas Administrativas Particulares que rexe a licitación, recollendo os novos termos do informe económico que se elabore, dacordo cos termos previstos na execución da resolución do TACGAL (Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia). Tamén se acordou aprobar en Xunta de Goberno un novo PCAP e publicar un novo anuncio de licitación con apertura dun novo prazo de presentación de proposicións. As empresas que presentaron oferta co anterior prego (ofertas que non foron abertas) poderán retirar esta e presentar, se o estiman oportuno, unha oferta conforme ás novas condicións.

A proposta de Alcaldía, a Xunta de Goberno Local acordou aceptar a subvención de 15.000 euros concedida ao Concello para a aula (CEMIT) de referencia do Plan de Inclusión Dixital de Galicia, pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia 2020. Tamén se aprobou a representación do Grupo Municipal Socialista no Consello Reitor do Auditorio, que estará formada por Mercedes Rosón Ferreiro, e Rubén Prol.

Documentos relacionados



Compartir: