ALCALDÍA

O alcalde reúnese co arquitecto Souto de Moura

08/10/2020 Xosé Sánchez Bugallo mantivo esta mañá unha xuntanza co arquitecto portugués Eduardo Souto de Moura no Pazo de Raxoi, no que tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Eduardo Souto de Moura é un recoñecido arquitecto, gañador do Premio Pritzker en 2011, cun traballo estreitamente vinculado ao dos tamén portugueses Álvaro Siza e Fernando Távora, que foron os seus mentores.

En 1980 diplomouse en arquitectura na Escola Superior de Belas Artes do Porto, onde se destacou como catedrático de 1981 a 1991. Foi docente convidado nas universidades de París-Belville, Harvard, Dublín, Navarra, Zúric e Lausana. Tras a colaboración no estudo de Álvaro Siza entre 1974 - 1979, estableceu o seu propio despacho laboral en 1980. No ano 2011 foi galardoado co prestixioso Premio Pritzker de arquitectura, e en 2013 o Premio Wolf das Artes.

Compartir: