RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Visita do concelleiro de Turismo e da concelleira de Acción Cultural á Casa da Troia

02/10/2020 A concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, e o concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Gumersindo Guinarte, realizaron esta mañá unha visita ao Museo Casa de la Troya.

Foron guiados no seu percorrido polas explicacións do director do Museo, Benigno Amor, quen lles informou sobre todas as actividades que se levaron a cabo este ano, no que se conmemora o 150º aniversario do nacemento de Alejandro Pérez Lugín, e as que non se pudieron realizar debido á situación sanitaria pero que se retomarán en 2021. É o caso das visitas dos colexios de Santiago e a súa comarca enmarcadas no proxecto "O gato verde da Casa da Troya" e as actuacións do grupo de pulso e púa do museo "Troyanos de Compostela". Amor salientou que este ano, a pesar da pandemia, o museo superou os 1.000 visitantes.

Mercedes Rosón asinou no libro de visitas do museo, agradecendo "este percorrido emocionante pola historia de Compostela, da nosa centenaria Universidade e da vida nun momento moi importante, que foron os anos nos que se desenvolveu a xa universal Casa de la Troya de Pérez Lugín". Pola súa parte, Sindo Guinarte referiuse a "unha visita chea de lembranzas do espírito universitario por este espazo que tan ben reflicte un tempo que é historia da nosa Universidade e da nosa cidade" e salientou a importancia de "darlle valor a este espazo único".

Compartir: