IGUALDADE
As subvencións outorgaranse mediante procedemento ordinario, tramitado en réxime de concorrencia competitivas. Poderá subvencionarse, ata esgotar o crédito dispoñible, o 100% do orzamento presentado, non podendo superar, en todo caso, a contía máxima da subvención por entidade, que é de 3.000 euros.
Consideraranse gastos subvencionables os gastos do persoal necesario para a execución das actividades; os gastos derivados da realización específica do programa ou actividade subvencionados (elaboración de materiais, publicidade, material de oficina, etc.); e outros gastos correntes, que estean debidamente xustificados e se consideren necesarios para o desenvolvemento da actividade ou programa subvencionable.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOP.
O Goberno local destina 30.000 euros a subvencións para programas de igualdade
01/06/2020 A Xunta de Goberno Local aprobou este luns as bases da convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBIQI (lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual) e de prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2020. Destínase unha partida global de 30.000 euros e a contía máxima de subvención por entidade solicitante será de 3.000 euros.
A convocatoria contempla tres liñas de axudas: programas e actividades de fomento da igualdade efectiva entre mulleres e homes; programas e actividades de fomento da igualdade efectiva das persoas LGTBQI; e programas e actividades para a prevención das violencias machistas no municipio de CompostelaAs subvencións outorgaranse mediante procedemento ordinario, tramitado en réxime de concorrencia competitivas. Poderá subvencionarse, ata esgotar o crédito dispoñible, o 100% do orzamento presentado, non podendo superar, en todo caso, a contía máxima da subvención por entidade, que é de 3.000 euros.