MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello pon a disposición da cidadanía de Compostela un medidor de distancias
02/05/2020 Na xornada na que se abre á poboación a posibilidade de dar paseos en determinadas franxas horarias e a un máximo dun quilómetro do domicilio, o Concello pon a disposición da cidadanía un medidor de distancias.
Pódese acceder ao medidor a través do seguinte enlace: www.distanciascovid.com/santiagodecompostela.